Dando valor ao tradicional

A A.C. Retranqueiros nace da iniciativa dun grupo de apaixoad@s da cultura galega para promocionala a través do seu baile e música tradicionais. Dende a fundación, en febreiro de 2015, son xa moitos os escenarios percorridos polos integrantes dos grupos de pandereteiros e pandereteiras, bailaríns e charanga tradicional pertencentes á asociación. O esforzo, seriedade e bo facer de todos eles téñennos permitido, incluso, romper fronteiras e amosar no extranxeiro a calidade das nosas actuacións. En Galicia, Portugal, Madrid e mesmo África xa desfrutaron dos orixinais espectáculos que ofrecemos.

Na agrupación tamén nos adicamos a impartir aulas a nen@s e adult@s que aprenden, entre outras cousas, a requinta, a tocar a gaita, a pandeireta, o baile tradicional o acordeón e o bordado ao aire. Das nosas aulas abrollan os futuros compoñentes dos grupos oficiais que garantan o futuro da agrupación.

Pese á nosa xuventude, a asociación conta con máis de 100 socios, froito do afán da organización por dar valor á cultura do país. Unha paixón que contaxia, que une, que crea familia...


Contacto

Avda. J.L. Azcarraga, nº2 2ºD C.P. 15220 - Bertamiráns     Ames - (Galicia)



acretranqueiros@hotmail.com
(+34) 685 49 66 15


¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar